Regulation and documents
This content is currently not available in English
Atopa aquí a normativa e a documentación sobre os procedementos para a realización, seguimento e acreditación de prácticas académicas para estudantes.
Normativa
Xeral
Da Universidade de Vigo
- Regulamento de prácticas académicas externas do estudantado da Universidade de Vigo
- Procedemento de solicitude de extensión do período de realización das prácticas académicas externas do curso 2019/2020 dos títulos de grao e mestrado
Instrucións sobre o procedemento para a realización das prácticas académicas externas:
Documentación
Modelos e documentos para a formalización de convenios e acordos internos
A Universidade de Vigo utilizará o seu propio modelo de convenio de cooperación educativa aprobado en Consello de Goberno. Só se asinará un convenio por empresa que cubrirá as prácticas curriculares e extracurriculares, ofertadas en calquera dos centros da Universidade de Vigo tanto para ensinos de grao como de máster ou para ambos, así como para plans anteriores a Bolonia.
Para a formalización do convenio deberá achegarse á Área de Emprego e Emprendemento o seguinte documento:
Para a realización de prácticas en servizos e dependencias da propia Universidade de Vigo, o convenio substituirase por un acordo escrito interno, asinado pola persoa responsable do servizo ou dependencia en que se realizan as prácticas e a persoa responsable académica do centro de que depende a titulación. O citado acordo deberá ter o visto e prace da Xerencia ou da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado e irá acompañado do compromiso de confidencialidade e deber de segredo.
Modelos e documentos para a formalización de convenios e acordos externos
Formalización
O seguinte formulario deberá asinarse por triplicado. Unha copia lle corresponderá ao estudante, outra ao titor da empresa e outra ao centro.
Seguimento
Acreditación
Máis información:
Área de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 480
areaemprego@uvigo.es