Proceso de selección no Concello de Ribadeo para un posto de docente para certificado de profesionalidade (interpretación e educación medioambiental)

UVigo - Employ 19/08/2021

O Concello de Ribadeo ten aberto un proceso selectivo para ocupar un posto como monitor/a de obradoiro ou docencia de formación profesional de certificado de interpretación e educación medioambiental.

Requisitos

  • Grao ou licenciatura en ciencias ambientais, bioloxía, xeoloxía, enxeñaría técnica forestal, enxeñaría de montes, enxeñaría forestal e do medio natural ou equivalente.
  • Un ano de experiencia na ocupación ou titulación.
  • Competencia docente.

Información e solicitudes

As solicitudes poderán presentarse no rexistro no Concello de Ribadeo ata as 14:00 horas do 23 de agosto de 2021.

Máis información aquí.