Specific internship programs
Ademais dos programas de prácticas académicas externas xestionadas polos centros aos que pertencen as distintas titulacións (no caso de prácticas curriculares) ou pola Fundación da Universidade de Vigo (no caso das extracurriculares), a Área de Emprego e Emprendemento coordina as prácticas doutros programas impulsados, na maioría dos casos, por entidades externas colaboradoras.
Axudas á mobilidade para prácticas externas en Portugal "Alén do Miño"
Trátase dun programa de axudas para o estudantado da Universidade de Vigo no marco do Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal
- Persoas destinatarias: estudantado matriculado na Universidade de Vigo no curso 2021/2022 durante todo o período da bolsa en estudos de grao ou mestrado oficial.
- Obxectivo: fomentar a formación transfronteiriza do estudantado da Universidade de Vigo a través dun programa que conxuga un obradoiro formativo en interculturalidade coa realización de prácticas académicas externas nunha entidade/empresa con sede en Portugal.
- Réxime de concorrencia: competitiva
- Modalidade: curriculares e extracurriculares
- Destinos das prácticas: empresas e entidades
- Promoven: Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo, EURES e FSE
Prácticas Campus Rural
- Persoas destinatarias: estudantado de calquera titulación
- Obxectivo: fomentar a vinculación entre a xente nova cos espazos rurais, xerando novas formas de arraigamento e vencellamento, que impulsen a actividade e creen oportunidades de emprego no territorio e impulsen o talento local
- Réxime de concorrencia: competitiva
- Modalidade: curriculares ou extracurriculares (remuneradas)
- Destino: empresas, entidades do terceiro sector e outras institucións públicas e privadas en poboacións de menos de 5000 habitantes.
- Promoven: Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE), Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Ministerio de Universidades
- Máis información
Fase 1: oferta de entidades
Prazo de solicitudes: do 23 de febreiro ao 8 de marzo de 2023 (pechado)
Fase 2: solicitudes do estudantado
Prazo de solicitudes: do 27 de marzo ao 14 de abril de 2023.
Ofertas de entidades
Ciencias sociais e xurídicas
1. Fundación Uxío Novoneyra
3. Concello da Bola
4. Máis Escola, SL
5. Concello de Manzaneda
7. Concello de Parada do Sil
8. Concello de Parada do Sil
9. Escola de Educación Infantil da Taboexa
12. Concello de Arnoia
13. Concello de Bande
14. A Arca da Noe
16. Concello de San Xoán de Río
18. Gesmedical-Dis, SL
19. Gesmedical-Dis, SL
22. Concello de Lobios
24. Concello de Larouco
25. Concello de Larouco
27. Outonía Soc. Coop. Galega
30. Concello de Oimbra
31. Concello de A Gudiña
32. Concello de Cabanas
33. AsiRural
34. AsiRural
35. Relintre
36. Centro de Desenvolvemento Rural O Viso
37. Concello de Mondariz Balneario
38. Concello de Vilar de Barrio
39. Concello de Vilar de Barrio
40. Concello de Vilar de Barrio
41. Concello de Covelo
42. Concello de Covelo
44. Concello de Covelo
45. Concello de Covelo
46. Mancomunidade Terras Altas de Soria
47. Mancomunidade Terras Altas de Soria
48. Mancomunidade Terras Altas de Soria
49. Concello de Meis
51. Concello de Meis
Artes e humanidades
1. Fundación Uxío Novoneyra
14. A Arca da Noe
15. Árbore Soc. Coop Galega
17. Concello de Baños de Molgas
21. Concello de Lobios
25. Concello de Larouco
34. AsiRural
Ciencias
10. Fundación Ceo, Ciencia y cultura
11. Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Paraños
16. Concello de San Xoán de Río
17. Concello de Baños de Molgas
23. Concello de Larouco
26. Asociación de Desenvolvemento Rural da Serra do Caurel
28. Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Viladesuso
47. Mancomunidade Terras Altas de Soria
Ciencias da saúde
Enxeñaría e arquitectura
6. Concello de Parada do Sil
11. Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Paraños
16. Concello de San Xoán de Río
28. Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Viladesuso
29. Concello de Oimbra
32. Concello de Cabanas
35. Relintre
43. Concello de Covelo
50. Concello de Meis
Prácticas Fundación ONCE-CRUE
Prácticas Fundación ONCE-CRUE
- Persoas destinatarias: alumnado universitario con discapacidade
- Obxectivo: promover a mellora da empregabilidade do colectivo destinatario e do seu futuro profesional
- Réxime de concorrencia: competitiva
- Modalidade: curriculares ou extracurriculares
- Destino: grandes empresas, pemes, microempresas, empresas de economía social, entidades do terceiro sector e outras institucións públicas e privadas.
- Promoven: Fundación ONCE e Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) e Vicerreitoría de Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria.
Prácticas curriculares do título propio Programa universitario para o emprego e a vida autónoma
- Persoas destinatarias: persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual matriculadas no programa universitario para o emprego e a vida autónoma
- Obxectivo: dotar o estudantado con diversidade intelectual de competencias que melloren a súa autonomía, formación académica e preparación laboral como cidadáns activos
- Réxime de concorrencia: non competitiva
- Modalidade: curriculares
- Destinos das prácticas: empresas
- Promoven: Fundación ONCE, Asociación Down, Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación e FSE.
Prácticas no campus de Ourense para persoas con discapacidade intelectual
- Persoas destinatarias: persoas con discapacidade intelectual, con idade comprendida entre os 18 e 30 anos, e inscritas no Curso de capacitación no ámbito do emprego con apoio
- Obxectivo: formar a mocidade con discapacidade intelectual para que sexa capaces de desenvolverse en diferentes contextos sociais e laborais de cara a lograr a súa progresiva integración no mercado laboral e acadar así graos de autonomía e independencia persoal
- Réxime de concorrencia: competitiva
- Modalidade: non académicas
- Destino: dependencias universitarias no campus de Ourense
- Promove: Vicerreitoría do Campus de Ourense
Máis información
Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
Edificio Exeria
As Lagoas - Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 094
bolsasformacion@uvigo.gal