Mapamundi-Erasmus

Outgoing students

This content is currently not available in English

O estudantado da Universidade de Vigo poderá participar nas diversas convocatorias de mobilidade que a Oficina de Relacións Internacionais publica ao longo do curso. As convocatorias publícanse a partir do mes de outubro para participar na mobilidade no curso seguinte.

O programa no que hai un número maior de participantes é o programa Erasmus+, pero a Universidade de Vigo ofrece outros programas que permiten ao seu estudantado gozar de bolsas en moitos países do resto de continentes.

O programa SICUE permite cursar un semestre ou un ano completo nunha universidade española, un período recoñecido de estudos en virtude dos convenios asinados. A convocatoria publícase no mes de febreiro de cada ano.

CONSULTA A CONVOCATORIA

 

 

O programa Erasmus+ permite cursar estudos recoñecidos nas institucións europeas coas que a Universidade de Vigo ten asinados convenios de colaboración (Erasmus KA 103 con países do programa) ou con institucións de países extracomunitarios (Erasmus+ KA 107 con países asociados).
Poden participar estudantes de grao, máster e doutoramento e pódense gozar de ata 12 meses de bolsa en cada un dos tres ciclos de estudos.

O estudantado interesado en participar deberá solicitar a bolsa na Universidade de Vigo. A partir do mes de outubro de cada curso publícase a convocatoria para o curso seguinte.

CONSULTA A CONVOCATORIA

 

Under the Erasmus + programme, the KA107 action aims to promote the mobility of the students and the university staff by providing training and teaching opportunities through exchange agreements with partner institutions in countries outside the European Union. 

For further information about the programme:

  • Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE)
  • European Commission Education, Audiovisual and Culture Executive Agency (EACEA)

Erasmus+ KA107 para alumnado de doutoramento (Exipto)

 

ISEP (International Student Exchange Programme) é unha rede de máis de 200 universidades de todo o mundo que ten por obxectivo facilitar a mobilidade física de estudantes dos últimos anos de grao e de posgrao.

A través do ISEP, o estudantado da Universidade de Vigo pode realizar nunha universidade americana un curso completo (agosto-maio) ou un semestre (agosto-decembro ou xaneiro-maio). Elixirase entre máis de 150 universidades estadounidenses que contan cunha ampla gama de programas de estudos.

De xeito xeral, a Universidade de Vigo ten asignado un máximo de 15 prazas anuais ou 30 dun semestre.

Os candidatos ou candidatas admitidos terán aloxamento e manutención gratuítos, segundo o sistema de reciprocidade institucional, durante a súa estadía na universidade estadounidense e non aboarán taxas de matrícula na universidade receptora. Aboarán un importe á Universidade de Vigo que será establecido na convocatoria.

CONSULTA A CONVOCATORIA

 

O GE4 (Global Education: Exchanges for Engineers and Entrepreneurs) é unha asociación que ten como obxectivo promover os intercambios de excelencia de estudantes e docentes no ámbito da enxeñaría.

CONSULTA A CONVOCATORIA

 

En virtude dos convenios de cooperación asinados entre a Universidade de Vigo e outras institucións de ensino superior extracomunitarias, publícanse anualmente as convocatorias dirixidas a estudantes de grao.

CONSULTA A CONVOCATORIA

 

Considérase estudante de libre mobilidade quen realice unha estadía académica temporal nunha institución de educación superior estranxeira para efectuaren estudos relacionados cunha titulación oficial da Universidade de Vigo, sen o requisito da concesión dunha praza de mobilidade ao abeiro dos programas, acordos ou convenios subscritos pola Universidade de Vigo.

Normativa de libre mobilidade da Universidade de Vigo

Solicitude na secretaría virtual do estudante, apartado "formulario e enquisas"

Proposta de estudos

Certificado de estadía

 

O Banco Santander no marco dos convenios asinados coas universidades ofrece diferentes tipos de bolsas. A Universidade de Vigo publicará as convocatorias e os/as interesados/as deberán incribirse na plataforma do Santander nos prazos establecidos para cada convocatoria:

  1. Bolsas Santander Erasmus+: bolsas complementarias para o estudantado seleccionado no marco da convocatoria Erasmus+ Estudos. O estudantado interesado deberá consultar as bases da convocatoria Erasmus+ da Universidade de Vigo.
  2. Bolsas Santander Grao: bolsas para estudantes de Grao que cursen estudos nas universidades de destino de América Latina coas que a Universidade de Vigo ten convenio de intercambio de estudantes. 19 bolsas de 3000 euros.

    CONSULTA A CONVOCATORIA

  3. Bolsas Santander Investigación: Pretende reforzar a mobilidade e o intercambio de investigadores e estudantes de doutoramento. 1 bolsa por curso de 5000 euros.

    CONSULTA A CONVOCATORIA

 

Prácticas Erasmus+

O programa Erasmus+ prácticas posibilita que o estudantado matriculado en titulacións oficiais na Universidade de Vigo poida realizar prácticas relacionadas coa súa titulación en empresas e institucións europeas de países adheridos ao citado programa.

Tamén pode participar o estudantado recén titulado coa condición de que realice as prácticas no ano seguinte á súa graduación e presente a solicitude mentres estea matriculado.

As prácticas poderán ter unha duración mínima de 2 meses e máxima de 12 meses.

CONSULTA A CONVOCATORIA

 

Prácticas por convenio

 

Proxecto Erasmus+ CBHE Lapassion

A Universidade de Vigo é membro do partenariado que desenvolve o proxecto Erasmus+ CBHE LAPASSION (Latin-America Practices and Soft Skills for an Innovation Oriented Network), concedido ao abeiro da acción clave KA2 sobre cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas, liderado polo Instituto Politécnico do Porto (Portugal) e que conta con 15 institucións socias procedentes de Portugal, Finlandia, España, Brasil, Chile e Uruguai.

Os obxectivos principais do proxecto LAPASSION son, por unha banda, dotar ao alumnado de competencias transversais a través de proxectos multidisciplinares con alumnado dos países participantes e, por outra banda, aumentar a cultura de innovación das institucións de educación superior e a súa conexión con empresas/organizacións, cun impacto sobre a empregabilidade e a internacionalización.

CONSULTA A CONVOCATORIA

 

Que é?

O programa consiste na realización de prácticas industriais por estudantes da UE / COSME.

Comeza en setembro e remata en agosto do ano seguinte para axustarse ao ano académico nos Estados membros da UE / COSME.

Obxectivos

  • Estudar a gama de tecnoloxías máis avanzadas utilizadas por unha empresa xaponesa líder.
  • Aprender xaponés, así como apreciar e comprender a cultura xaponesa ao ter vivido unha rica experiencia dun año no estranxeiro.
  • Ampliar as expectativas laborais ao entrar en contacto con profesionais e empresas xaponesas.

Consulta toda a información da bolsa

 

As e os estudantes da Universidade de Vigo que participen nalgún dos programas de mobilidade internacional (ISEP, bolsas de mobilidade propias, GE4, Erasmus) terán acceso á axuda complementaria da Xunta de Galicia.

Do mesmo xeito, poden existir outras fontes de financiamento complementarias procedentes das deputacións provinciais. 

Bolsas da Deputación de Pontevedra

CONSULTA A CONVOCATORIA

 

 

Para máis información, podes contactar coa Oficina de Relacións Internacionais
+34 986 813 550
outgoing.ori@uvigo.es