Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos

Características

Campus: Ourense
Tipo: Undergraduate program
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 45
Número de cursos: 4
Código:
O01G041V01

Área de coñecemento

Área de Ciencias

Coordination of the degree

Sidonia Martínez Suárez

    Descrición

    O Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos ofrece unha aproximación científica e tecnolóxica á industria alimentaria sobre todo o proceso de elaboración dos alimentos, dende a obtención das materias primas ata o proceso de distribución e venda e pasando pola produción, a conservación e o control da calidade tanto dos alimentos como das instalacións onde son manipulados e almacenados.

    - Industria alimentaria (produción, departamentos de I+D+i)
    - Laboratorios de análises de alimentos
    - Consultorías privadas (xestión da calidade, seguridade alimentaria, composición de alimentos)
    - Comercialización, comunicación e mercadotecnia
    - Docencia e investigación

    -Procesado de alimentos.

    -Comercialización, comunicación e marketing.

    -Seguridade alimentaria.

    -Coñecer e comprender os riscos alimentarios, capacitando o estudantado para a súa análise e avaliación.

    -Coñecer e comprender os procedementos e mecanismos de análise de alimentos.

    -Coñecer e comprender as normativas vixentes en materia de alimentación, tanto nacionais como internacionais.

    -Coñecer e comprender os procesos de xestión da seguridade alimentaria.

    A mobilidade de estudantes céntrase nos programas SICUE (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois), Erasmus, no ámbito europeo, e o programa ISEP cos Estados Unidos. Dentro do programa SICUE, a Facultade de Ciencias ten acordos con cinco universidades españolas e ofrece 11 prazas de intercambio; no marco do programa Erasmus, existen acordos con 22 universidades, cun total de 36 prazas; finalmente, o programa ISEP ofrece 125 prazas en universidades estadounidenses.

    O Grao ofrece a posibilidade de obter a mención en Enoloxía

    Persoas con interese por coñecer e comprender:

    - Os riscos alimentarios, a súa análise e avaliación
    - Os procedementos e mecanismos de análises de alimentos
    - As normativas vixentes en materia de alimentación, tanto nacionais como internacionais
    - Os procesos de xestión da seguridade alimentaria