Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

Features

Campus: Vigo
Tipo: Undergraduate program
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 0
Número de cursos: 4
Código:
V08G210V01

Knowledge area

Área de Ciencias Sociais e Xurídicas

Coordination of the degree

María Belén Fernández Docampo

Descrición

Este grao pretende proporcionar unha formación integral e multidisciplinaria no ámbito sociolaboral, para deseñar e implantar estratexias e políticas de recursos humanos e intervención no mercado de traballo, así como participar na comunicación en diversos ámbitos de actuación como o asesoramento laboral, xestión e dirección de persoal etc.

-Graduado social.
-Dirección de recursos humanos.
-Axente de emprego e desenvolvemento local.
-Técnico/a en prevención de riscos laborais.
-Auditor sociolaboral.
-Empresa privada.
-Funcionario/a das administracións públicas.
-Funcionario/a de organismos internacionais e comunitarios.
-Docencia
-Asociacións.
-Organizacións sindicais.

-Adquirir os coñecementos necesarios para comprender a complexidade e o carácter dinámico e interdisciplinario do traballo, atendendo ás súas perspectivas xurídica, organizativa, psicolóxica, sociolóxica, histórica e económica.
-Capacitar na aplicación dos coñecementos teóricos e prácticos adquiridos nos distintos ámbitos de actuación: asesoramento laboral, xestión e dirección de persoal, organización do traballo e mediación no mercado de traballo.

Aínda que non é excluínte, recoméndase como perfil preferente de ingreso o bacharelato en Humanidades e Ciencias Sociais.