DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Grazas á redución no uso de carbón para xeración eléctrica e á diminución da demanda de enerxía

España mellorou significativamente o seu índice de descarbonización en 2019, segundo o  Barómetro de Transición Energética

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Medio Ambiente
  • Investigar
DUVI 15/07/2020

O índice de descarbonización en España no ano 2019 mellorou significativamente respecto  de 2018, grazas a unha combinación de factores marcada pola redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, a continuidade na tendencia á baixa no custo das reservas para integrar fontes renovables e o descenso, tanto do gasto, como do prezo da enerxía. Os datos do Barómetro de Transición Energética do centro de investigación Economics for Energy, dirixido polo  catedrático da UVigo, Xavier Labandeira e polo docente da Escuela Técnica Superior de Ingeniería (Comillas ICAI) Pedro Linares, reflicten así unha tendencia xa presente na era pre-covid que, sinalan, convén consolidar cara ao futuro, o que implica evitar recuperar os indicadores que previsiblemente favoreceron a transición: redución de emisións e diminución dos prezos e o gasto enerxético industrial, durante la etapa do confinamento. 

Hoxe, na presentación destes datos, os directores de Economics for Energy destacaron que detrás desta evolución positiva durante o ano 2019 están la redución drástica no uso de carbón para xeración eléctrica –debida aos baixos prezos do gas natural– e á diminución da  demanda de enerxía. A redución das emisións de gases de efecto invernadoiro acadou segundo Eurostat, o 7% respecto a 2018 (un 6,2% segundo a última actualización do Goberno español), acelerando así o tímido descenso que se rexistrara nese ano. Mentres que 2018 remataba cun 15,4% de incremento sobre as de 1990, o ano pasado a cifra se contivo ata o 10%. En relación a 2005, a diminución pasou do 24% de 2018 ao 28% en 2019. Non obstante, más aló das cifras a importancia desta evolución radica en que, por primeira vez, a mellora derivada da redución do uso de carbón non se debe unicamente a factores non controlables como a intensidade da actividade económica ou a climatoloxía, senón ao aumento dos prezos no sistema europeo do comercio de emisións e, en especial, ao drástico descenso nos prezos do gas natural. Os directores de Economics for Energy lamentaron, aínda así, que as políticas públicas das administracións españolas non estivesen tamén detrás desta evolución positiva, o que contribuiría a consolidala de xeito máis estable.

No referido ás emisións por PIB, en 2019 estas se reduciron nun 10% en relación ao ano anterior, o que supón unha tendencia máis positiva á observada no conxunto da Unión Europea nun contexto no que o PIB español aumentara. 

Redución dos prezos, o gasto e a demanda

Ademais da evolución dos indicadores de descarbonización, o Barómetro de Transición Energética analiza a asequibilidade e a seguridade da enerxía, atendendo así aos tres eixos de referencia para a política enerxética europea.

En canto á asequibilidade, tanto los prezos como el gasto tamén se reduciran xa na etapa pre-covid, segundo os datos de 2019. O descenso dos prezos foi común ao petróleo e ao gas para el sector doméstico, mentres que o da electricidade incrementouse lixeiramente  para a industria e, en menor medida, para os consumidores particulares. En canto ao gasto enerxético relativo, este redúcese a pesar do incremento do PIB e faino aínda en maior medida que os prezos, grazas á contención da demanda. En concreto, a redución do consumo concentrouse no carbón, cunha diminución significativa respecto de 2018, menntres que no caso dos produtos petrolíferos e o gas a demanda mantívose estable.

Segundo os los directores de Economics for Energy, cómpre analizar esa redución da demanda para descubrir se está asociada a unha maior eficiencia enerxética ou se se debe á redución da actividade industrial, opción esta última menos desexable e que coincidiría coa diminución do 6,3% da demanda de enerxía eléctrica por parte das empresas, segundo estimacións de Red Eléctrica de España. En relación a Europa, a evolución dos prezos enerxéticos en España presenta un comportamento similar, o que non ocorre co gasto, que é maior en España a pesar de contar con condicións climatolóxicas máis favorables que a media europea, o que se explica por unha maior intensidade enerxética da economía española. En opinión de Labandeira e Linares, este é un sinal claro sobre o importante potencial do aforro enerxético como instrumento para a descarbonización.

Mellora na xestión de renovables

Por lo que se refire á seguridade da enerxía, a evolución durante 2019  foi positiva, tanto en términos económicos, como de subministro. A seguridade de las importacións mellora tras o empeoramento rexistrado en 2018, ata o punto de situarse moi por debaixo do  nivel de 2010. Ademais, aumenta a distancia en termos positivos sobre o  conxunto da UE, sobre o que España xa levaba vantaxe .No relativo á volatilidade dos prezos internacionais dos combustibles fósiles, tamén se observa un regreso á senda de mellora iniciada en 2015 e interrompida en 2018.

En canto á seguridade do subministro, durante 2019 continuou a  evolución positiva tanto no descenso da cantidade como do custo das reservas eléctricas, indicador este último que consolida un descenso superior ao 60% desde 2010. Dado que esta evolución se deu nun contexto de redución da demanda de electricidade, convértese nun dos elementos máis positivos da transición enerxética en España, cunha capacidade en aumento para xestionar as fontes renovables de maneira eficiente, ao que se suma unha redución do custe que supón proporcionar este servizo.