DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Ciencias da Educación e do Deporte acolleu a inauguración deste servizo de autovenda

A primeira máquina de Starbucks de Galicia instálase no campus

Deuse a coñecer o servizo cunha degustación gratuíta de café

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Universidade e empresa
  • Institucional
DUVI Pontevedra 10/09/2019

O primeiro córner Starbucks on the go de Galicia atópase na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Para dar a coñecer entre a comunidade universitaria o funcionamento da máquina autovenda de bebidas e as diferentes variedades de produtos que ofrece, a empresa Selecta promoveu na mañá deste martes unha degustación gratuíta de café.

A inauguración deste espazo contou coa participación de José María Cancela, director da Área de Infraestruturas do campus, e de Pablo Lojo, director rexional para Galicia e Asturias de Selecta, que lembrou que se trata do primeiro espazo Starbucks on the go que a empresa instala na comunidade e o primeiro tamén que se pon en marcha nunha universidade pública en España. “A idea é que sexa un atractivo máis para o campus, é unha experiencia nova e poderemos ver un pouco como resulta co paso do tempo”, salientou Cancela.