DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O reitor e o presidente da sociedade asinaron un convenio para o desenvolvemento de actividades 

Universidade e Real Sociedad Matemática Española colaborarán nos ámbitos da formación, investigación e innovación

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Reitor
  • Institucional
Mª del Camen Echevarría DUVI 05/12/2019

Manuel Reigosa e Francisco José Marcellán asinaron este mediodía un convenio que establece a colaboración das institucións que dirixen, Universidade de Vigo e Real Sociedad Matemática Española (RSME), respectivamente, para a realización de actividades como cursos, xornadas ou seminarios; desenvolvemento de programas de investigacion, tecnolóxicos e innovación; así como a promoción de intercambios de ideas e iniciativas para un mutuo aproveitamento dos recursos dos que ambas as dúas entidades dispoñen, co obxectivo de acadar unha maior difusión cultural, científica e técnica. Marcellán sinalou que a día de hoxe a sociedade que preside xa asinou preto de 40 convenios de colaboración con universidades españolas, que asegura “proporcionan a base” á RSME, que trata de aglutinar a docentes e alumnado para desenvolver actividades de todo tipo.

Acordos con beneficios mutuos

“Os acordos coas universidades son un xogo de win-win. A nós nos interesa ter este paraugas para actuar nas universidades e a elas o acordo coa RSME vailles permitir unha proxección externa moi importante”, sinalou o presidente da Real Sociedad Matemática Española, que citou como exemplos de colaboración a organización de actividades como a bienal da RSME, que mobiliza a máis de 500 matemáticos españois e estranxeiros, ou a participación de docentes nas accións no Centro Internacional de Matemáticas Puras e Aplicadas (CIMPA). “Este centro permite desenvolver actividades de formación de doutores en países emerxentes e isto é un sinal de colaboración das universidades”, explicou Marcellán en relación co CIMPA, presidido neste intre polo docente e investigador da Universidade de Vigo, Iván Area.

Pola súa banda, o reitor da Universidade de Vigo destacou a importancia deste tipo de acordos ao tempo que gabou “o grupo, aínda que pequeno de matemáticas e matemáticos que traballan na nosa universidade e que son moi activos, involucrándose na docencia, investigación e transferencia”. Das actividades que desenvolven as comisións da RSME, Manuel Reigosa amosouse especialmente interesado na que centra a súa actividade na muller e a matemática, “unha cuestión que estamos tratando de abordar en Galicia ante o brutal descenso experimentado nos últimos anos na presenza das mulleres nas carreiras técnicas e científicas”, explicou o reitor.

Unha vez rematada a sinatura do convenio, o director da Real Sociedad Matemática Española impartiu na sala de xuntas do edificio Ernestina Otero unha conferencia titulada Política científica