Unidade de Cultura Científica e da Innovación

A loita contra o lume desde o espazo

8 de outubro, ás 19.00 h, no museo MARCO

UVigo - Communication / University 04/10/2019

A Unidade de Cultura Científica e da Innovación convida a toda a comunidade universitaria e a cidadanía en xeral a participar no coloquio «A loita contra o lume desde o espazo», unha nova actividade enmarcada dentro do seu plan anual de divulgación «Unha Cuestión de Ciencia».

Co gallo da Semana Mundial do Espazo, o docente e investigador do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións, Fernando Aguado, o docente e investigador do Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio ambiente, Juan Picos, e a xornalista de Faro de Vigo, Sandra Penelas, manterán unha conversa amena sobre o uso de tecnoloxías como satélites e drons na loita contra o lume e reflexionarán tamén sobre a onda de incendios de outubro de 2017, xa que estamos preto do aniversario do sucedido.

O evento desenvolverase o vindeiro martes 8 de outubro, no salón de actos do museo MARCO de Vigo, a partir das 19 horas.

O obxectivo é achegar a ciencia e o traballo do persoal investigador da Universidade de Vigo á sociedade para fomentar o seu interese e o seu coñecemento nesta materia.

Desde a UCC+i animámosvos a todos e todas a asistir ao coloquio e a compartir unha tarde diferente descubrindo a achega da Universidade de Vigo respecto da loita contra o lume. 

 

Máis información:

Unidade de Cultura Científica e da Innovación
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 263
ucc@uvigo.es