Como presentar unha reclamación?
Á petición das representacións e das delegacións de estudantes, lembrámosvos a secuencia e o procedemento para presentar formalmente as vosas reclamacións e as vosas suxestións relacionadas co desenvolvemento da docencia e da avaliación:
- Co profesorado implicado
- Coa dirección ou o decanato do voso centro
- Coa Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria
As reclamacións dirixidas aos decanatos e ás direccións dos centros poderanse realizar a través do correo electrónico:
Perante a Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, as reclamacións faranse a través da caixa de queixas, suxestións e parabéns mediante o formulario habilitado para o efecto.
Asemade, compartimos os modelos que o Consello de Estudantes da Universidade de Vigo (Ceuvi) pon á disposición de todo o estudantado para para axudarvos a redactar as vosas reclamacións ante algunhas das problemáticas máis recorrentes neste momento.