Unidade de Cultura Científica e da Innovación

Que facemos?

Grupo de Investigacións Agrarias e Alimentarias

UVigo - Communication 16/10/2019

A Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) presenta un novo vídeo da serie «Que facemos?». Desta vez, trátase dunha peza protagonizada polo investigador do Grupo de Investigacións Agrarias e Alimentarias, Jesús Simal, que, ademais de expor as liñas nas que traballan, afonda no concepto da seguridade alimentaria.

A estrea coincide co Día Mundial da Alimentación para poñer en valor a importancia do traballo de investigación desenvolvido no eido da ciencia e tecnoloxía dos alimentos, co que, en palabras do investigador, «a Universidade de Vigo ocupa a posición 76 no ámbito mundial no Ranking de Shangai».
 
O vídeo está dispoñible nos perfís en redes sociais da UCC+i (YouTube, Facebook, Instagram, LinkedIn e Twitter) e animámosvos a compartilo para lograr a súa máxima difusión.

 

Máis información:

Unidade de Cultura Científica e da Innovación
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 263
ucc@uvigo.es