Teledocencia

UVigo - Communication 17/03/2020


A Universidade de Vigo pon á disposición de toda a comunidade distintas ferramentas propias para a teledocencia e o teletraballo . 


Plataforma de teledocencia Faitic

Esta plataforma leva anos funcionando na universidade, onde é de uso habitual na docencia por parte da maioría do estudantado e do profesorado. Con Claroline e Moodle, Faitic permite subir apuntamentos, realizar tests ou entregar traballos así como servir como sistema de avaliación.
 


Campus Remoto

En Campus Remoto realízanse as clases por videoconferencia. A súa última opción de gravar as clases pode utilizarse tamén como complemento ao sistema de avaliación.

 


Tanto Faitic como Campus Remoto ofrecen a vantaxe de almacenar a documentación nos servidores da Universidade de Vigo.

 

Office 365

Na seguinte ligazón atoparás información de como acceder aos diferentes servizos de Office 365 (OneDrive, Teams...) que che ofrece a Universidade de Vigo


Office 365


Máis información sobre o teletraballo e videotitorais na secretaría virtual.


Outras ferramentas

O uso doutro tipo de ferramentas distintas das sinaladas, mencionadas tamén pola CRUE, farase baixo a exclusiva responsabilidade do profesorado que, de ser o caso, decida empregalas e que deberá garantir o cumprimento efectivo da normativa sobre protección de datos persoais así como a salvagarda/integridade da documentación.

Sempre que se empreguen as plataformas propias da Universidade de Vigo, garantirase a conservación da proba e os datos persoais asociados polo menos durante o período previsto na correspondente normativa académica, para o que se poñen á disposición para a súa conservación nos espazos virtuais propios. No caso das revisións en liña utilizaranse os medios propios establecidos ou autorizados pola universidade.


Sede electrónica

sede electrónica
 

Biblioteca 

Lembrámosvos que a Biblioteca Universitaria pon á disposición da comunidade universitaria distintos servizos bibliotecarios e recursos dixitais de acceso libre.


web da biblioteca


Recursos gráficos

Preme na imaxe para acceder aos distintos recursos con formato institucional:


Imaxe da portada da guía básica de identidade corporativa