Grants and awards

A Universidade de Vigo conta cunha serie de instrumentos para animar a comunidade universitaria, en especial o alumnado, a afondar no coñecemento da responsabilidade social e da Axenda 2030. Por unha banda, bolsas de formación e bolsas de mobilidade para realizar o traballo de fin de grao e de máster nun país en vías de desenvolvemento. Por outra banda, tamén contamos con dous tipos de premios, uns destinados aos mellores TFG e TFM centrados na investigación da responsabilidade social e da Axenda 2030 e outros dirixidos a recoñecer aquelas persoas e organizacións que teñan sobresaído pola súa traxectoria en calquera ámbito da solidariedade e a cooperación.

Bolsas

Premios

 

Área de Equidade e Diversidade
Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 261
direc.equidade@uvigo.gal