Improve your teaching and research training

This content is currently not available in English

O profesorado universitario ten unha grandísima responsabilidade social. É o encargado de formar aos traballadores/as  máis cualificados do futuro mercado laboral ao tempo que axuda ao seu desenvolvemento persoal.
 

Por estes motivos é fundamental que teña un nivel moi elevado no desempeño das súas competencias profesionais docentes para garantir as máximas cotas de excelencia e calidade.
 

O Programa de Formación Permanente do Profesorado está dirixido ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

      A información distribuirase por correo electrónico nas listas de «pdi»,  pola aplicación de Uvigo! da Universidade de Vigo e polo Facebook e Twitter institucionis.

      Cada unha das actividades formativas recibirá o a acreditación da Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado.

      Os contidos desta páxina xestiónaos a Área de Formación e Innovación Educativa. Se tes algunha consulta podes contactar a través de  innovacion.educativa@uvigo.es | +34 986 812 035