Accounting, Budgets and Treasury Service

This content is currently not available in English

 

O Servizo de Contabilidade, Orzamentos e Tesouraría encárgase e responsabilízase de rexistrar todas as operación derivadas de aprobar, executar e liquidar o orzamento da Universidade de Vigo.

Funcións

  • Colaborar co equipo de goberno e coa Xerencia na elaboración da planificación plurianual e das liñas básicas de actuación orzamentaria anuais
  • Elaborar o anteproxecto de orzamento anual
  • Elaborar e xestionar a contabilidade orzamentaria, analítica e financeira
  • Realizar o seguimento da execución do orzamento, analizar as desviacións e elaborar propostas de accións correctoras
  • Planificar, xestionar e facer seguimento da tesoureira
  • Elaborar a proposta de liquidación definitiva e a documentación xustificativa, así como certificados contables e documentación requirida interna e externamente
  • Xestionar, subministrar e cumprimentar a información económica ou orzamentaria necesaria para cumprir coas obrigas fiscais, de xustificación, de información ou de auditoría
  • Elaborar a proposta de normas de peche do exercicio e da prórroga do orzamento
  • Elaborar estudos e informes
  • Establecer criterios e coordinar as actividades das diferentes unidades administrativas da área económica nas materias da súa competencia
  • Actuar con criterios de colaboración e asistencia con outras administracións e entidades relacionadas coa universidade

Organización das funcións

  • Sección de contabilidade
    Ocupase de todo o relativo a Contabilidade analítica e financeira
    No referente a Contabilidade de Costes, é o responsable de xestionar todo o proceso de obtención de resultados de costes
    Na Contabilidade financeira ocupase de dar soporte á Xefa do Servizo para a confección da conta anual da Universidade
  • Sección de orzamentos
    Ocupase da contabilización das operacións de execución e modificación do orzamento
    Ocupase da documentación necesaria para a xustificación dos gastos con financiamento afectado
  • Sección de tesouraría e ingresos
    Ocupase da contabilización dos ingresos e do control da tesouraría da Universidade
    É a responsable da Xestión do ficheiro de terceiros
    É a responsable de cumprir coas obrigas tributarias da universidade

Recoñecementos


Responsable

Mauricio García Romarís
Xefe de servizo


 

Persoal do Servizo

Ver

Onde estamos?

Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Mapa

Horario de atención

De 9.00 a 14.00 h de luns a venres


Correos electrónicos

Teléfonos