Analysis and Programs Unit

This content is currently not available in English

 

A Unidade de Análises e Programas é a unidade administrativa encargada da explotación de datos na Universidade de Vigo e para iso recompila a súa información para facilitarlla tanto a usuarios internos como externos, en estatísticas, rankings, portal de transparencia, dereito de acceso etc.

Entre as súas funcións destacan a realización de estudos, informes e estatísticas, centralizando os datos estatísticos da universidade. Tamén se encarga de dar publicidade dos devanditos datos e de todos aqueles que se atopan suxeitos a obrigas de publicidade activa pola normativa de transparencia estatal, autonómica e da propia universidade. Para tal fin xestiónao o Portal de Transparencia da nosa institución.

Coordina e xestiona o sistema de queixas, suxestións e parabéns da UVigo. Esta caixa está aberta como unha canle na que a comunidade universitaria e a cidadanía en xeral poida expoñer as súas opinións para a mellora da calidade do servizo público prestado na UVigo, todo iso, en estreita colaboración co resto das unidades.

Ademais das actividades e programas descritos no parágrafo anterior, a Unidade de Análises e Programas colabora nas seguintes accións: na calidade e estratexia da universidade, aportando indicadores para os programas de calidade; contratos programas de centros e na elaboración da memoria de Responsabilidade Social.

Podes consultar a nosa memoria na sección de Memorias de actividade.

  • Realizar estudos, informes, estatísticas e análises a pedimento dos superiores.
  • Centralizar e almacenar datos estatísticos da universidade.
  • Publicar os datos estatísticos considerados de interese para o coñecemento do público xeral, a través da web da universidade, ou doutros soportes que se consideren axeitados.
  • Analizar a organización administrativa e as necesidades de medios técnicos e humanos das unidades administrativas da universidade e formular propostas de mellora.
  • Confeccionar, en colaboración co resto das unidades, datos estatísticos solicitados á Universidade de Vigo, redactando directrices de elaboración e conservación.
  • Coordinar e xestionar o sistema de queixas, suxestións e parabéns da universidade.
  • Xestionar o portal de transparencia da institución no relativo ás obrigas de publicidade activa.
  • Xestionar os indicadores do sistema de información da Universidade de Vigo, do sistema integrado de información universitaria e outros que se demanden.
  • Coordinar a redacción da memoria de responsabilidade social e colaborar na difusión das actividades relacionadas coa mesma.
  • Colaborar e prestar apoio ás actividades de seguimento, medición e análise do sistema de xestión de calidade e da súa acreditación ou certificación.
  • Manter actualizados e dar publicidade cando corresponda, aos catálogos e guías nas que se recolla a normativa e os manuais de procedemento da universidade.

Responsable

David Basalo Domínguez
Coordinador


 

Persoal do Servizo

Ver

Onde estamos?

Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcsoende
36310 Vigo
Mapa
​​​​

Horario de atención

De 9.00 a 14.00 h de luns a venres


 

Correos electrónicos

Teléfonos