Economic Management and Hiring Service
This content is currently not available in English
Ao Servizo de Xestión Económica e Contratación correspóndelle xestionar administrativamente todos os procesos de contratación pública encamiñados á adxudicación, nas súas distintas modalidades, dos contratos correspondentes ás obras, subministracións, consultoría/asistencia/servizos e xestión de servizos públicos/xestión do patrimonio da Universidade de Vigo, así como, desenvolver, no ámbito dos servizos centrais, a xestión económico-administrativa derivada da adquisición de bens, produtos e servizos centralizados ou xerais da universidade.
Funcións
- Planificar, xestionar e realizar o seguimento dos expedientes de contratación administrativa
- Xestionar e coordinar a adquisición de bens e servizos a través dos catálogos homologados
- Planificar e xestionar económica e orzamentariamente os programas de gastos de servizos centrais e de xestión centralizada
- Realizar o seguimento da execución dos gastos de servizos centrais e de xestión centralizada, analizar as desviacións e elaborar propostas de accións de mellora e correctoras
- Elaborar estudos e informes
- Asesorar tecnicamente ás autoridades e órganos da universidade
- Resolver incidencias e impugnacións e elaborar propostas de resolución
- Establecer criterios e coordinar as actividades das diferentes unidades administrativas da área económica nas materias da súa competencia
- Actuar con criterios de colaboración e asistencia con outras administracións e entidades relacionadas coa universidade
Recoñecementos
Onde estamos?
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Mapa
Horario de atención
De 9.00 a 14.00 h de luns a venres