General Secretariat
This content is currently not available in English
A Secretaría Xeral é un dos servizos centrais da Universidade de Vigo que ten por misión facilitar o bo funcionamento da institución atendendo ás necesidades administrativas dos órganos colexiados e dos órganos unipersoais, e xestionar o proceso da toma de decisións e os procesos electorais.
Funcións
- Propor disposicións xerais que regulen a vida universitaria así como os criterios de aplicación
- Nos órganos nos que o Secretario Xeral ostente a súa secretaría: elaborar e tramitar as convocatorias e a documentación e prestar apoio á redacción de actas e acordos
- Elaborar, manter actualizada, conservar, tramitar e difundir a normativa universitaria e a documentación emanada dos órganos da universidade que lle correspondan
- Actualizar os censos electorais, organizar e desenvolver os procesos electorais que lle corresponda coordinar
- Xestionar, rexistrar, informar, arquivar e publicar os convenios e instrumentos de cooperación que se asinen
- Colaborar e prestar apoio á organización dos actos académicos, protocolarios e de representación da universidade
- Planificar, organizar e avaliar as oficinas de rexistro, a información e a atención ao público e propor as normas de funcionamento
- Prestar apoio e asesoramento ao equipo reitoral e aos demais órganos de goberno, así como aos centros, departamentos, estudantado e profesorado da universidade
- Xestionar a designación de cargos académicos e das comisións, xestionar as convocatorias e o funcionamento dos órganos colexiados de goberno xerais
- Xestionar e dar apoio administrativo ás informacións reservadas, aos expedientes disciplinarios e aos expedientes de responsabilidade patrimonial
- Elaborar estudos, informes e ditames
- Tramitar reclamacións e impugnacións e elaborar propostas de resolución
- Actuar con criterios de colaboración e asistencia con outras administracións e entidades relacionadas coa universidade
Recoñecementos
Onde estamos?
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcsoende
36310 Vigo
Mapa
Horario de atención
De 9.00 a 14.00 h de luns a venres