Occupational Risk Prevention Service

This content is currently not available in English

 

O Servizo de Prevención de Riscos Laborais realiza as actividades preventivas co fin de garantir a adecuada protección da seguridade e a saúde do persoal traballador, asesorando e asistindo para iso aos órganos de goberno da universidade, ao persoal e aos seus representantes.

Funcións

  • O deseño, implantación e aplicación dun Plan de Prevención de Riscos Laborais que permita a integración da prevención na empresa
  • A avaliación dos factores de risco que poidan afectar á seguridade e saúde do persoal nos termos previstos no artigo 16 da Lei 31/1.995 de Prevención de Riscos Laborais
  • A Planificación da Actividade Preventiva e a determinación das prioridades na adopción das medidas preventivas e vixilancia da súa eficacia
  • A detección de necesidades e o asesoramento en materia de información e formación preventivas do persoal
  • O asesoramento para o deseño das actuacións, e medidas de prestación dos primeiros auxilios, e elaboración dos plans de emerxencia
  • A investigación dos incidentes (incluíndo tanto os accidentes, coma os accidentes en branco)
  • Planificación de medidas de control de risco
  • Planificación da actividade preventiva
  • Avaliación de riscos
  • Deseño, aplicación, e coordinación dos plans e programas de actuación preventiva
  • Información e formación dos traballadores/as
  • Realización de plans de emerxencia
  • Deseño das medidas de primeiros auxilios e plans de emerxencia
  • A vixilancia da saúde do persoal
  • A comunicación e coordinación co Servizo de Prevención alleo
  • Todas aquelas funcións determinadas e derivadas do Sistema Xeral de Prevención de Riscos Laborais, que de forma xeral, refírense principalmente ao seguimento e avaliación do seu cumprimento

O Servizo de Prevención de Riscos ocúpase:

  • Da avaliación de riscos laborais dos postos de traballo e dos centros
  • Da elaboración de procedementos, guías, normas, fichas de seguridade etc
  • Da realización de inspeccións de seguridade
  • Da realización de plans de autoprotección
  • Da selección de equipos de protección individual
  • Do asesoramento en materia de prevención de riscos laborais
  • Da dotación e reposición de caixas de urxencia
  • Da investigación dos accidentes de traballo
  • Da coordinación de actividades empresariais
  • Da información en materia de prevención de riscos laborais
  • Da organización da vixilancia e control da saúde do persoal traballador
  • Da elaboración de informes
  • Acondicionamento de espazos
  • Condicións ergonómicas e confort ambiental
  • Condicións de seguridade
  • Condicións hixiénicas
  • Aptitude laboral
  • Da formación en materia de prevención de riscos laborais, mediante a coordinación dos cursos, xornadas e actividades impartidos por:
    • Servizo de Prevención propio
    • Servizo de Prevención alleo (Norprevención)
    • Mutua FREMAP de accidentes de traballo
    • Outras entidades colaboradoras

Responsables

José David Díaz Vázquez
TSPRL Área de Seguridade no Traballo

Carmen Álvarez González
TSPRL Área de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada

 

Persoal do Servizo

Ver

Onde estamos?

Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Mapa

 

Horario de atención

De 9.00 a 14.00 h de luns a venres


 

Correos electrónicos

Teléfonos