Remuneration and Social Insurances Service

This content is currently not available in English

 

O Servizo de Retribucións e Seguros Sociais ten encomendada a xestión da nómina de todo o persoal da Universidade de Vigo e o abono das bolsas, así como a tramitación da cotización, prestación de incapacidade temporal, maternidade e paternidade, desemprego e a xestión da previsión social complementaria (plano de pensións, seguro de vida, anticipos reintegrables, convocatoria de acción social).

  • Propor criterios, elaborar e xestionar a nómina.
  • Xestionar as cotizacións e as deducións e elaborar, xustificar e comunicar a información requirida pola Seguridade Social, MUFACE, Facenda e outros organismos colaboradores.
  • Elaborar e xestionar as convocatorias de acción social e resolver incidencias.
  • Prestar apoio administrativo ao plano de pensións da universidade.
  • Elaborar estudos e informes.
  • Tramitar reclamacións e impugnacións e elaborar propostas de resolución.
  • Actuar con criterios de colaboración e asistencia con outras administracións e entidades relacionadas coa universidade.

 

Responsable:

Antonia Melón Amor
Xefa de Servizo

Correos electrónicos

Teléfonos