Unidade de Apoio Administrativo ao Equipo de Goberno

A Unidade de Apoio Administrativo ao Equipo de Goberno é a unidade de apoio á dirección, goberno e xestión do reitor e do seu equipo de goberno.

Funcións

  • Xestionar e prestar apoio administrativo aos procedementos impulsados ou nos que sexan parte activa os órganos de goberno e dirección e nos que resulten necesarios para o funcionamento dos órganos colexiados nos que participen
  • Elaborar, organizar e manter actualizada a axenda de actos, entrevistas, reunións e viaxes
  • Xestionar e manter actualizada a información, especialmente a xerada pola unidade, así como a normativa, as bases de datos e os arquivos
  • Compilar, elaborar e tramitar documentación e, cando proceda, darlle publicidade
  • Colaborar na organización e realización de actos académicos e protocolarios
  • Atender directamente, por calquera medio, aos membros e usuarios da correspondente unidade, orientalos e facilitarlles a realización de xestións e trámites
  • Actuar con criterios de colaboración e asistencia con outras administracións e entidades relacionadas coa universidade

Responsable

Carmen Estévez Caamaño
Secretaria do reitor

​​

Persoal do Servizo

Ver

Onde estamos?

Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Mapa

Horario de atención

De 9.00 a 14.00 h de luns a venres


Axenda do Reitor

Correos electrónicos

Teléfonos