DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A Ruta da Cima, de pouco máis dun quilómetro, está pensada para toda a comunidade universitaria

A Área de Benestar, Saúde e Deporte pon en marcha un concurso que anima a camiñar polo campus

Premiaranse as fotografías máis creativas subidas ás redes sociais ata o 16 de decembro

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Deportes
  • Estudantado
  • Deportes
DUVI 20/11/2020

Nun contexto caracterizado polas limitacións de mobilidade, a Área de Benestar, Saúde e Deporte acaba de lanzar unha iniciativa para animar á comunidade universitaria a camiñar polo campus de Vigo seguindo un itinerario que conta coas zonas das mámoas, da devesa e do estanque como puntos principais. A chamada Ruta da Cima está ideada para que calquera persoa poida realizala e ten unha duración máxima de vinte minutos. 

Alexandre Sanjorge, técnico de Actividades Deportivas, recorda que, segundo o DOG do 4 de novembro, o traxecto debe facerse individualmente ou en grupo de conviventes. Ao tempo desde a organización destacan tamén as posibilidades das redes sociais como recursos para promover hábitos de vida saudables. Neste senso, apunta que as iniciativas propostas nas plataformas dixitais son unha ferramenta indispensable para a súa área xa que, coa situación sanitaria actual e as restricións perimetrais, non é posible ofertar practicamente ningunha actividade que non sexa federada ou individual. 

Un mes para participar a través das redes sociais

Esta iniciativa nace dunha colaboración coa Oficina de Medio Ambiente, OMA, e os seus principais artífices son os bolseiros da área Luís Lopes e Thomas Clementi, dous estudantes do Instituto Politécnico de Santarem, en Portugal, que este cuadrimestre están en Vigo grazas ao programa de mobilidade Erasmus+ Prácticas.

As persoas interesadas deben completar o percorrido antes do 16 de decembro, subir unha imaxe ou vídeo a Facebook ou Instagram, etiquetar a conta de Muvers e retar a unha amiga ou amigo para que participe no concurso. A organización agasallará as e os autores das imaxes máis creativas cunha camiseta e unha mochila da Happy Go Running