DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O Sergas facilitou á UVigo 15.000 test rápidos de detección en sangue

Arranca nos tres campus a campaña de cribado masivo de covid-19 da Xunta de Galicia

Os resultados son case inmediatos e só se comunicarán aos casos positivos

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Estudantado
  • Saúde
  • Institucional
DUVI 21/10/2020

Dende este mércores e ata a próxima semana, nos tres campus da UVigo estase a desenvolver a campaña de cribado de covid-19 impulsada pola Xunta nas tres universidades galegas co obxectivo de coñecer a expansión do coronavirus entre o alumnado. En total, dende o Sergas enviaron á Universidade de Vigo máis de 15.000 test rápidos que, dende hoxe estarán a disposición do estudantado nas escolas e facultades de Vigo, Ourense e Pontevedra.

Durante os próximos días, e seguindo as instrucións e a organización interna de cada centro, o alumnado poderá realizar as probas nos espazos especificamente habilitados e atendidos por estudantes das escolas de Enfermaría da UVigo. Alí poderán realizar un test rápido a través dunha pequena mostra de sangue que detecta a presenza de anticorpos que permiten confirmar tanto se a enfermidade está en fase activa como se xa se pasou. Os resultados coñécense case de inmediato, en cuestión de 10 ou 15 minutos, e comunícanse tan só ás persoas que resulten ser positivas. Estes casos poranse tamén en coñecemento do Sergas, para poder realizar posteriormente unha proba PCR que permita concretar o virus está actualmente activo ou non. 

En total, na Universidade de Vigo recibiu do Sergas 8646 test para Vigo; 3502 para Pontevedra e 3967 para o campus de Ourense, que ser irán realizando nos vindeiros días, tratando de adaptarse tamén ás quendas de presencialidade dos centros e aos horarios de docencia.

As primeiras probas, antes do arranque masivo este mércores, tiveron lugar onte na Residencia Universitaria O Castro, no campus vigués.