DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A cita celebrouse esta fin de semana en Ponteareas

O Club Natación Escualos Campus da Auga, subcampión no Campionato Galego de Natación Máster de Verán

Acadaron un total de 1277 puntos

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 13/06/2022

Esta fin de semana o Club Natación Escualos Campus da Auga proclamouse subcampión no Campionato Galego de Natación Máster de Verán celebrado na piscina Álvaro Pino de Ponteareas. “Seguimos facendo historia na natación máster galega”, indican desde o club. Con 32 nadadoras e nadadores, detallan, conseguiron este posto cun total de 1277 puntos, superando a CN Rías Baixas, que finalizou terceiro con 873 puntos, e por detrás de CN Ponteareas, que conseguiu 1978 puntos.

“O resaltable é que neste campionato o equipo masculino e feminino proclamáronse subcampións, o que nos levou a conseguir o subcampionato e cun numero de nadadores moi inferior ao primeiro clasificado, o CN Ponteareas”, subliñan desde Escualos Campus da Auga. O medalleiro, sinalan, “foi incríble”, cun total de 85 medallas das cales 24 foron de ouro, 29 de prata e 32 de bronce, con dous récords galegos na proba de 200 braza. Foi, destacan, “un campionato con moito nivel” e no que resaltan a “extraordinaria organización por parte do CN Ponteareas” e agradecen a árbitros e xuíces da Fegan todo o traballo realizado durante a tempada na organización de campionatos.