Abrir a Universidade aos seus socios europeos e debater conxuntamente diferentes temas de actualidade no campo da internacionalización das universidades. Estes son os obxectivos da denominada International Administrative and Teaching Staff Training Week, un encontro que reunirá a vindeira semana no campus a 50 expertos chegados de trece países da Unión Europea (Polonia, Francia, Italia, Eslovenia, Finlandia, Portugal, Romanía, Austria, Alemaña, Noruega, Países Baixos, Turquía e Hungría). Organizado pola Oficina de Relacións Internacionais, este foro de debate tivo xa unha primeira edición no 2010.
28/02/2012