“Por descoñecemento acostúmase comparar discapacidade con incapacidade e non é así”, reflexiona Laura Pérez, unha das alumnas da Facultade de Belas Artes que colaborou como monitora na Plataforma de Accesibilidad Solidaria de Vigo, PasoVigo, ao abeiro dun convenio de colaboración asinado coa facultade pontevedresa. Este organismo, que aglutina aos principais centros de día para persoas con discapacidades físicas, mentais ou intelectuais, recorreu á Universidade de Vigo para organizar de xeito conxunto actividades e obradoiros artísticos impartidos por alumnado dos últimos cursos do grao “co fin de achegar ferramentas que estimulen a creatividade para romper limitacións”, explica Loreto Blanco, profesora responsable do proxecto.
29/02/2012