Acto académico da festividade de San Tomé de Aquino
Data de celebración:
27 of January of 2023 at 12:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Universidade de VigoLugar
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Universitario Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
Spain
Tipo de evento
Acto institucionalEntrada:
De balde Reservation required.Modalidade
PresencialNo salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolle a celebración do acto académico de festividade de San Tomé de Aquino, no que se entregarán os Premios extraordinarios de grao, os Premios Egeria á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e máster e os Premios extraordinarios de doutoramento correspondentes ao curso 2021/2022.
A este acto están convidadas todas as autoridades académicas da Universidade de Vigo, tanto o equipo de goberno como todas aquelas persoas que están á fronte dos diferentes decanatos e direccións de centros e departamentos, así como as persoas galardoadas con algunha das distincións e a comunidade universitaria en xeral O acto poderase seguir tamén en directo a través da canle 1 de UVigo TV.
Con motivo desta celebración todas as instalacións da Universidade de Vigo permanecerán pechadas nesta data, a excepción da propia Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias que abrirá de xeito exclusivo para a celebración deste acto.