Conversas. Conferencia de Félix Fernández Cao
Data de celebración:
10 of June of 2021 at 19:30Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Programa Meta da Facultade de Ciencias Empresariais e TurismoLugar
Campus Universitario As Lagoas, S/N
32004 Ourense
Spain
Tipo de evento
ConferenciasEntrada:
De balde. Reservation required.Modalidade
SemipresencialPresencial e a través de UVigo TV
O programa Meta da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense acolle unha nova sesión do ciclo de conferencias Conversas. Nesta ocasión, o ourensán Félix Fernández Cao falará da súa traxectoria internacional como preparador físico e adestrador en equipos de fútbol de elite da superliga chinesa ou da Premier League, entre outros; da xestión de equipos de alto rendemento e da motivación. Na conversa estará acompañado por Julio Vila, socio director de Asesores Vila Castro e antigo alumno da facultade. O acto pode seguirse de xeito presencial na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense, con reserva de entrada (prazas limitadas), ou de xeito virtual, en directo a través de UVigo TV.