Debut 2020
Data de celebración:
23 of November of 2020 at 10:00 27 of November of 2020 at 14:00Dirixido a
EstudantesOrganiza
EsdemgaLugar
Rúa Maestranza 2
36002 Pontevedra
Spain
Tipo de evento
Charlas e seminarios and TalleresEntrada:
de balde Reservation required.Engloba diferentes actividades formativas
A crise sanitaria xerada pola covid-19 fai imposible neste 2020 a habitual celebración de Debut, o desfile no que cada ano os novos egresados e egresadas de Esdemga presentan as coleccións que constitúen os seus traballos de fin de estudos.
Entre o luns 23 e o venres 29, Esdemga desenvolve unha serie de seminarios formativos para o alumnado do Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda, que se insiren na programación de Debut 2020, marcada neste ano pola imposibilidade de levar a cabo o habitual desfile de presentación das coleccións de fin de estudos do alumnado.
A actividade iníciase este luns coas primeiras sesións dos talleres sobre moulage e ilustración de moda e verase complementada pola apertura, o xoves, no Museo de Pontevedra, da exposición Debut 2020. Edición limitada, que reúne unha serie de coleccións realizadas o pasado curso por alumnado do mestrado.