Día de Rosalía de Castro
Data de celebración:
24 of February of 2021 at 19:30Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Vicerreitoría do campus de PontevedraLugar
Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
Spain
Tipo de evento
Conferencias and MúsicaEntrada:
de balde Reservation required.Poderá seguirse a través de Campus Remoto
A Vicerreitoría do campus de Pontevedra súmase á conmemoración do Día de Rosalía cun acto de homenaxe, que inclúe un relatorio da escritora, tradutora e intérprete María Reimóndez; a actuación musical de Susana Blanco, que interpretará unha serie de poemas de Rosalía de Castro, e a lectura do manifesto promovido con motivo desta data pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (Aelg), a cargo da alumna da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Zeltia Pino.
Dadas as limitacións de aforo ás que obriga a covid-19, o acto poderá seguirse a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo, a través do seguinte enlace; campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/999218868, debendo empregarse o acceso para estudantado e o contrasinal Ky8fRT.
Permitirase o acceso aos medios gráficos.