Divulgando Ciencia Singular - Cintecx
Data de celebración:
28 of October of 2021From 16:00 to 19:00
Dirixido a
Público externoOrganiza
CintecxLugar
rúa Maxwell, s/n
36310 Vigo
Spain
Tipo de evento
XornadasEntrada:
De balde Reservation required.Modalidade
PresencialXornada de portas abertas
Dentro do programa Divulgando Ciencia Singular, o centro de investigación Cintecx organiza unha xornada de portas abertas que comprende tres obradoiros nos que participan estudantes do colexio Compañia de María de Vigo.
-Combustión: The SCI-ENCE games. Unha serie de experiencias prácticas visuais para que o alumnado aprenda as nocións básicas da combustión.
-Intelixencia artificial. Érase unha vez un mundo de datos. Con este taller amósase aos asistentes a utilidade e o
potencial da IA, mostrando dun xeito interactivo a súa aplicación no mundo da enxeñaría.
-Desenvolvemento sostible e biotecnoloxía. Experiencia na que o alumnado realizará o tratamento de augas
coloreadas empregando adsorbentes producidos a partir de residuos.
Ás 16.00 horas ten lugar unha recepción ás persoas participantes no auditorio do Cintecx para posteriormente comezar os obradoiros.