Emlex Wiktionary Hackfest
Data de celebración:
14 of November of 2019 at 11:30Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Carlos Valcárcel , Facultade de Ciencias da Educacion e do Deporte and EmlexLugar
Campus a Xunqueira , s/n
36005 Pontevedra
Spain
Tipo de evento
Charlas e seminarios and XornadasEntrada:
de balde No reservation required.Modalidade
PresencialTrátase dun maratón dirixido a incorporar novos contidos ao 'Galizionario'
Asisten: Jorge Soto, vicerreitor do campus de Pontevedra; Vicente Romo, decano da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte; e María José Domínguez, coordinadora do mestrado Emlex na Universidade de Santiago de Compostela
A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle a segunda edición do Emlex Wiktionary Hackfest, un maratón dirixido a sumar novos contidos ao Galizionario, aberto á participación da cidadanía. Coordinado polo profesor da facultade Carlos Valcárcel, o evento insírese nas actividades do mestrado europeo en lexicografía Emlex e contará coa participación do alumnado que cursa este posgrao na USC e na Universidade do Minho.
O hackfest abrirase ás 10.00 horas cos coloquios de Eneko López, Léa Lacroix e Nicolas Vigneron, representantes das ramas locais da Fundación Wikimedia en España, Alemaña e Francia, respectivamente, e celebrará ás 11.30 horas o seu acto de apertura. Tras este, as e os participantes traballarán, na aula de informática da facultade, na incorporación de novos contidos ao Galizionario ata as 19.30 horas, cando terá lugar a posta en común e discusión do traballo realizado.