sODStendo o Planeta. Semana da Axenda 2030 na UVigo
Data de celebración:
16 of October of 2019 at 9:30Data de comezo de matrícula
30 of September of 2019 at 12:00Dirixido a
Estudantes , PAS and PDIOrganiza
Vicerreitoría de Responsabilidade Social and Internacionalización e CooperaciónLugar
Reitoría Universidade de Vigo
36310 Vigo
Spain
Tipo de evento
XornadasEntrada:
De balde Reservation required.Modalidade
PresencialAta o 18 deste mes en varios edificios do campus de Vigo
Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Abel Caballero, alcalde de Vigo, e María Isabel Doval, vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación
A Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación xunto co Consello Social e a campaña Impórtanos organizan as xornadas sODStendo o Planeta. Semana da Axenda 2030 na UVigo os días 16, 17 e 18 de outubro no campus de Vigo (paraninfo do edificio Ernestina Otero).
O obxectivo é dar a coñecer a Axenda 2030 durante tres días a través de diferentes actividades en torno á economía sostible, as persoas refuxiadas e a crise climática, desde conferencias e obradoiros con entidades sociais ata obras de teatro, un concerto solidario e unha mostra de cociña con produtos de proximidade e tempada.
Programa completo das xornadas
Dentro da programación, o teatro Vidal Bolaño acolle o 17 de outubro, ás 18.30 h, o concerto solidario de Juancho Marqués. As persoas que desexen asisitir doarán 2 euros a un programa de promoción do dereito á auga en Honduras desenvolvido por Enxeñería Sen Fronteiras.