'Usa a lingua'
Data de celebración:
30 of November of 2020 at 16:00 4 of December of 2020 at 20:30Dirixido a
Estudantes , PAS , PDI and Público externoOrganiza
FreshysweetLugar
En liña
36310 Vigo
Spain
Tipo de evento
Actuacións , Charlas e seminarios and ConferenciasEntrada:
de balde No reservation required.Modalidade
VirtualO evento desenvolverase a través de Instagram
A axencia júnior de publicidade Freshysweet, formada por estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, promove Usa a Lingua, un evento dirixido a fomentar o uso do galego entre a xente nova. Dada a situación sanitaria, o evento, que reúne unha serie de coloquios e concertos, desenvolverase a través da conta de Usa a Lingua en Instagram, entre o luns 30 de novembro e o venres 4 de decembro.
O evento arrancará este luns ás 16.00 horas cun coloquio co humorista David Amor, mentres que o martes contará coa intervención de Aí Falaches! e o mércores participará a manager musical Patricia Hermida e o actor Dani Irimia. O xoves participará Orgullo Galego e o venres o evento completarase con concertos de The Rapants e Dakidarría.