XIV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións
Data de celebración:
24 of October of 2019 at 9:30Dirixido a
Estudantes and PDIOrganiza
Departamento de Estatística e Investigación OperativaLugar
Escola de Enxeñaría Industrial - Sede Cidade, Rúa Torrecedeira 86
36208 Vigo
Spain
Tipo de evento
CongresoEntrada:
Entre 40€ e 150€ Reservation required.Modalidade
PresencialNa Escola de Enxeñería Industrial, en Torrecedeira
Asisten: Abel Caballero, alcalde de Vigo; Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; José Antonio Campo, director do Instituto Galego de Estatística e Javier Roca, presidente do Comité Organizador
O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo organiza, en colaboración coa Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (Sgapeio), o XIV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.
O congreso, que se celebra do 24 ao 26 de outubro, constará de conferencias plenarias, sesións de comunicacións orais e póster, mesas redondas, obradoiros formativos e unha exposición a cargo do MMACA - Museu de Matemàtiques de Catalunya.