Vídeo
Campus Integra
O curso 2020/2021 compaxinará a docencia presencial en arredor de 20 graos e 30 mestrados co sistema mixto que alternará as clases na aula coa virtualidade. Para facelo posible, a Universidade de Vigo creou o Campus Integra, unha contorna que permite conxugar o Campus Remoto ou xemelgo dixital da institución coa presencialidade.