Proposta de traslado dalgúns títulos ao centro de Vigo

Queremos coñecer a túa opinión

UVigo - Communication 29/04/2021

Enquisa ás persoas tituladas pola Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo convida as súas tituladas e titulados a responder unha breve enquisa relacionada coa proposta de traslado dalgunhas das titulacións impartidas no campus das Lagoas, Marcosende ao centro de Vigo. 

A enquisa estará activa ata o 14 de maio de 2021 e cubrila leva menos de cinco minutos.

Para nós é importante contar convosco e coñecer a vosa opinión en cuestións tan relevantes para o presente e o futuro da Universidade de Vigo.

Moitas grazas pola vosa participación. 
 

Enquisa persoas tituladas


Por outra banda, queremos convidarvos a coñecer e a formar parte da comunidade alumni-UVigo. As primeiras 500 persoas inscritas poderán recibir unha cunca térmica que os acreditará como membros desta comunidade. 
 

Comunidade alumni-Uvigo

 

Máis información:

Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 586
estudantes@uvigo.gal