Acordo transformativo con Elsevier para publicar en acceso aberto

UVigo - Library 10/05/2021

A Universidade de Vigo, a través do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG), participa nun novo acordo transformativo entre a CRUE-CSIC e a editorial Elsevier.

Con este acordo, as universidades disporán de acceso de lectura á principal colección de revistas científicas de Elsevier, denominada Freedom Collection accesible a través de ScienceDirect, ao tempo que habilita a publicación en acceso aberto sen custo adicional nas revistas híbridas (Hibryd OA) desa colección, cubrindo o 100 % dos APC. Do acordo están excluídas Lancet, Cell, e Clinics.

Ademais, para os autores e autoras da Universidade de Vigo farase un desconto do 10 % nos APC das revistas Full OA.

Para beneficiarse do desconto do 100 % nos APC:

  • O autor ou autora da correspondencia (corresponding author) deberá ser membro da Universidade de Vigo e identificarse como tal mediante o seu correo institucional. 
  • Cómpre ter un artigo aceptado para a súa publicación entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.

As persoas beneficiarias comprométense a:

Máis información nas guías:

A Biblioteca Universitaria encargarase de xestionar as solicitudes e ofrecerá soporte e asesoramento sobre o procedemento que seguir.

As consultas pódense realizar a través do enderezo accesoaberto.biblioteca@uvigo.gal

 

Novas relacionadas