I Ciclo de Formación en liña Web of Science (WOS) 2023

UVigo - Library 09/05/2023

A FECYT, en colaboración con Clarivate, organiza o I Ciclo de Formación en liña Web of Science (WOS) que terá lugar entre o 15 de maio e o 3 de xuño de 2023. O ciclo consta de 15 sesións en español gratuitas, de 75 minutos de duración (en horario de mañá, de 11:00 a 12:15 horas), dirixidas a estudantes, persoal investigador, persoal bibliotecario e persoas usuarias de WOS. 

programa e inscrición

Para asistir é preciso inscribirse cunha conta de correo institucional da UVigo. 

As persoas inscritas recibirán un correo de confirmación das sesións nas que se apunten, cun enlace de configuración do WebEx no seu equipo. De non recibilo, revisa a carpeta de SPAM.

Certificado de asistencia

Para obter o certificado de asistencia será necesario responder, durante a xornada de formación, o 100 % dos cuestionarios que o persoal formador lanzará durante as sesións. Posteriormente, enviaráselles ás persoas participantes unha enquisa de satisfacción; ao cabo de tres semanas, recibirán no correo institucional o certificado de asistencia de todas as sesións ás que acudiron.

As xornadas poderán consultarse, pasados uns días, na web de FECYT e tamén se accederá ao material de formación ao día seguinte do desenvolvemento da xornada.

 

 

Máis información:

Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Universitaria de Vigo
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 843
referencia@uvigo.gal