Encontro da Aneca sobre sobre os criterios de avaliación que se aplicarán na actual convocatoria de sexenios de investigación 2020

UVigo - Quality 12/01/2021

A Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) convoca un encontro en liña o 14 de xaneiro de 2021 sobre os criterios de avaliación que se aplicarán na actual convocatoria de sexenios de investigación 2020.
 
A sesión desenvolverase en directo a través de YouTube e de Twitter e enmárcase nas #ConversacionesConANECA, un novo espazo de comunicación posto en marcha pola axencia para reforzar a interacción con todas as personas que se dedican á docencia universitaria e á investigación. 

O profesorado e o persoal investigador poderán seguir a sesión e facer as súas preguntas a través de Twitter e de YouTube sen necesidade de rexistro previo.
 
Neste encontro participarán persoas expertas da axencia e de todos os comités de avaliación.

  • Mercedes Siles Molina, directora da ANECA
  • Javier Llorens, coordinador de sexenios da ANECA
  • Ana Hidalgo, xefa da Unidade de avaliación de sexenios de investigación da ANECA

 

Programa

Sesión 1  
9.00 - 10.00 h Comité 2. Química
Comité 3. Bioloxía celular e molecular
Comité 4. Ciencias biomédicas
Comité 5. Ciencias da natureza
10.00 - 11.00 h Quenda de preguntas a través de Twitter e de YouTube

 

Sesión 2  
12.00 - 13.00 h Comité 1. Matemáticas e física
Comité 6.1. Tecnoloxías mecánicas e da produción
Comité 6.2. Enxeñarías da comunicación, computación e electrónica
Comité 6.3. Arquitectura, enxeñaría civil, construción e urbanismos
13.00 - 14.00 h Quenda de preguntas a través de Twitter e de YouTube

 

Sesión 3  
16.00 - 17.00 h Comité 7.1. Ciencias sociais, políticas, do comportamento e estudos de xénero
Comité 7.2. Ciencias da educación
Comité 8. Ciencias económicas e empresariais
17.00 - 18.00 h Quenda de preguntas a través de Twitter e de YouTube

 

Sesión 4  
19.00 - 20.00 h Comité 9. Dereito e xurisprudencia
Comité 10. Historia, xeografía e artes
Comité 11. Filosofía, filoloxía e lingüística
20.00 - 21.00 h Quenda de preguntas a través de Twitter e de YouTube

 

Máis información:

ANECA
+34 914 178 231
www.aneca.es