Enquisa GUESSS

UVigo - Quality 03/03/2021

A Universidade de Vigo participa na novena edición do proxecto GUESSS (Global University Entrepreneurial Spirit Student’s Survey) do maior observatorio de emprendemento universitario integrado por 54 países e máis de 3000 universidades de todo o mundo. 

O seu obxectivo é ofrecer unha perspectiva innovadora do emprendemento do estudantado universitario tanto nos aspectos académicos, como nas súas aplicacións prácticas, á vez que impulsar o emprendemento de alto potencial. 

Para acadar estes obxectivos, GUESSS realiza unha enquisa en liña co fin de recompilar toda a información.

Ata o 15 de maio todo o estudantado da Universidade de Vigo poderá participar na enquisa a través desta ligazón: https://tinyurl.com/g21-es

Ao rematar o prazo, realizarase un sorteo de cinco iPads 10.2 de Apple entre todas as persoas participantes.

Na última edición, realizada no ano 2018, participaron máis de 200.000 estudantes de todo o mundo, dos cales 33.000 foron de universidades de España, o país co maior número de respostas. A Universidade de Vigo recibiu un recoñecemento pola súa alta participación no proxecto.

Podes coñecer máis o proxecto GUESSS entrando en https://guesss-spain.com/

 

 

Máis información:

Área de Calidade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 447
uacalidade@uvigo.gal