Equality Commission

This content is currently not available in English

A Comisión de Igualdade é o órgano colexiado encargado de apoiar e asesorar a todos os órganos de goberno e de representación da Universidade de Vigo en materia de igualdade de xénero.

Está composta pola reitora ou reitor, que a preside, e polos cargos académicos, membros e representantes da comunidade universitaria e da sociedade consonte se establece no artigo 2 do seu regulamento. 

É nomeada polo reitor/a que informará o Consello de Goberno.

Funcións

  • Realizar as propostas de plans, programas ou actuacións que realice a Universidade de Vigo en materia de igualdade.
  • Participar na elaboración dos plans de igualdade da Universidade de Vigo, que lle remitirán, para que se aproben, ao Consello de Goberno.
  • Realizar o seguimento de todos os plans e actuacións en materia de igualdade.
  • Impulsar a execución dos plans de igualdade, avaliar a súa aplicación e propoñer accións de mellora.
  • Calquera outra que lle sexa encomendada polos órganos de goberno e representación da Universidade de Vigo.

Membros

  • María Isabel Doval Ruiz
    Presidenta
  • Águeda Gómez Suárez
    Secretaria
  • Xosé Manuel Buxán Bran
    PDI con vinculación permanente
  • Marta García Mosquera
    PDI con vinculación permanente
  • María José Ríos Santomé
    Xunta de PAS funcionario
  • Luis Pérez Gómez
    Comités de empresa de Pontevedra e Ourense de PAS laboral
  • Manuela Raposo Rivas
    Xunta de PDI funcionario
  • Xosé Mahou Lago
    Comités de empresa de Pontevedra e Ourense de PDI laboral
  • José Luís Pérez Martínez
    Estudantado
  • Mercedes Castro Mouzo
    Consello Social

Documentación

 

Documentación

Regulamento [PDF]27.09 KB Composición [PDF]519.29 KB Nomeamento novo representante de estudantes [PDF]198.67 KB Renovación representante PDI con vinculación permanente [PDF]213.13 KB Renovación representante Consello Social [PDF] 317.67 KB