Vice-chancellorship of Social Responsibility, Internationalization and Cooperation

This content is currently not available in English

Medio plano de María Isabel Doval

María Isabel Doval
Vicerreitora

Titular de universidade, foi subdirectora xeral de Universidades da Xunta de Galicia durante o goberno de Emilio Pérez Touriño, membro do Comité Técnico da ACSUG e vogal do CONGACODE. Participou coma membro da Mesa do Claustro da UVigo e do Consello de campus de Ourense e foi  directora e secretaria do departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación.

Imparte materias relacionadas coas novas tecnoloxías aplicadas á educación nos graos de Educación Infantil e Educación Social da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense e dá clases no Máster de Formación do Profesorado. Participa como avaliadora de proxectos europeos e no programa H2020 foi vice-chair. Ten experiencia na organización de feiras interuniversitarias, congresos internacionais sobre TIC e ensino e sobre practicum e prácticas na universidade e na empresa. Dirixiu tamén varios seminarios e accións formativas sobre igualdade de xénero e inclusión educativa e social. Participou en cinco proxectos nacionais de investigación e noutros tantos europeos e foi profesora visitante en varias universidades europeas, de Kirguistán e en Marrocos. Nos últimos anos está interesada especialmente no estudo e divulgación de métodos e enfoques da investigación participativa.

Actualmente participa nun proxecto Jean Monnet sobre deseño de programas e recursos educativos sobre cultura europea e en dous proxectos (Erasmus+ Capacity Building e Twinning) para a modernización das universidades de Marrocos no seu achegamento ao EEES.

  • Águeda Gómez Suárez
    Directora de Área de Igualdade de Oportunidades
    +34 986 813 419
    igualdade@uvigo.gal      
  • Xosé María Mahou Lago
    Director de Área de Responsabilidade Social e Cooperación
    +34 986 130 260
    direc.rsco@uvigo.gal

 

 

  • As relativas á responsabilidade social, servizos sociais e participación.
  • A proposta e o desenvolvemento de plans para a integración total das persoas con necesidades educativas específicas na Universidade de Vigo.
  • A promoción, o estímulo e a dirección da xestión de actividades de acción solidaria, voluntariado e cooperación no ámbito universitario.
  • A promoción, o impulso e a xestión do asociacionismo universitario.
  • A definición e a execución da política de acción social.
  • As correspondentes aos comedores universitarios.
  • A proposta, a formalización e a contratación de redes e proxectos internacionais de cooperación.
  • O fomento e o deseño das estratexias e políticas para as relacións internacionais e a cooperación internacional.
  • A representación institucional en foros e en eventos internacionais.
  • A sinatura de acordos, convenios e protocolos relacionados coa actividade internacional da Universidade de Vigo, cando así sexa considerado oportuno polo reitor.
  • O deseño, a planificación e a xestión dos programas internacionais de mobilidade e intercambio.
  • A proposta, a formalización e a contratación de redes e proxectos internacionais de difusión científica, en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación.
  • As relativas a actividades de promoción cultural e mecenado.
  • As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.

 

Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
secvicrsic@uvigo.gal