O meu elemento. Concurso de vídeos sobre os elementos da táboa periódica

Etiquetas
  • Divulgación
UVigo - ANL / UVigo - Investigación 11/04/2019

As Nacións Unidas declararon o 2019 o Ano Internacional do Sistema Periódico para conmemorar os 150 anos da publicación da táboa periódica dos elementos químicos por Dimitri Mendeleev. 

A CNL da Facultade de Ciencias de Lugo propón unha actividade para sumarse a esta celebración: o concurso de vídeos O meu elemento. 

Persoas destinatarias

  • Toda a comunidade universitaria galega.
  • Alumnado da educación secundaria e de bacharelato de Galicia.

Obxectivos 

  • Atraer o interese do alumnado sobre este acontecemento e a actividade científica en xeral.
  • Poñer de manifesto a naturalidade da expresión dos contidos científicos en lingua galega.

Requisitos

  • Presentar un vídeo en lingua galega sobre un elemento químico, de entre 30 e 90 segundos, e co enfoque que se queira. 

Prazo de presentación

O prazo remata o vindeiro 24 de abril. 

Inscrición

Para inscribirse cómpre cubrir o formulario de datos e envialo a fcdeca@usc.es.

Premios

  • Categoría de secundaria e bacharelato
    • Primeiro premio: 300 euros
    • Segundo premio: 150 euros
    • Terceiro premio: 100 euros
       
  • Comunidade universitaria
    • Primeiro premio: 500 euros
    • Segundo premio: 200 euros
    • Terceiro premio: 100 euros

Dálle un repaso á táboa periódica en galego e á Guía dos elementos químicos, escolle un elemento, planifica o que queres dicir e como, colle a cámara ou o móbil e.... sorte!

Podes consultar as bases do concurso aquí.