Prácticas no Consello Europeo

UVigo - Empleo 05/03/2021

Está aberto o prazo para solicitar as prácticas remuneradas na Secretaría Xeral do Consello. A súa finalidade é que as persoas solicitantes experimenten de primeira man o traballo desenvolvido na institución e adquiran coñecementos prácticos sobre o traballo da Unión Europea. 

As funcións principais serán a preparación de reunións e de actas; a asistencia a reunións dos órganos preparatorios do Consello e do COREPER; a redacción de informes e tamén a investigación sobre proxectos concretos.

As prácticas desenvolveranse entre setembro de 2021 e xaneiro de 2022. Cómpre ter en conta que, por mor da covid-19, o primeiro período das prácticas podería comezar en liña. 


Requisitos

  • Requírese ter unha titulación universitaria en dereito, economía, ciencias políticas ou relacións internacionais, entre outras.
  • Nivel mínimo C1 de inglés e/ou francés.

Prazo de inscrición: ata o 15 de marzo de 2021.

Máis información aquí.