Mensaje de estado

El próximo miércoles día 26 de enero el portal estará fuera de servicio entre las 08:30 y las 9:30 debido a una intervención programada.

Selección de dúas persoas monitoras do obradoiro “Prepara o teu camiño” do Concello de Ribadeo en funcións audiovisuais multimedia, marketing e comunicación

UVigo - Empleo 07/10/2021

Descrición dos postos

  • Unha persoa con funcións de monitor/a a tempo completo durante 9 meses do certificado de profesionalidade “ISMV0209 Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos”.
  • Unha persoa con función de monitora a tempo completo durante 9 meses certificado de profesionalidade “COMM0112 Xestión de marketing e comunicación”.

Requisitos para o posto de monitor/a de desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos

  • Titulación de grao, licenciatura, enxeñaría. arquitectura, diplomatura, enxeñaría técnica, arquitectura técnica ou ciclo superior da familia profesional de imaxe e son.
  • Experiencia profesional mínima de 12 meses no eido das unidades de competencia da cualificación profesional de referencia no ámbito do certificado de profesionalidade e nas seguintes ocupacións:
    - Integrador multimedia audiovisual
    - Desenvolvedor/a de produtos audiovisuais multimedia
    - Grafista dixital
    - Editor/a de contidos audiovisuais interactivos e non interactivos
    - Desenvolvedor/a de aplicacións multimedia
    - Axudante de realización en multimedia
    - Técnico/a en sistemas multimedia e técnicas en audiovisuais

Requisitos para o posto de monitor/a de xestión de marketing e comunicación

  • Grao en Publicidade/Marketing, Licenciatura/Grao en Xornalismo, Grao en Publicidade e Relacións Públicas, Grao en Comunicación das Organizacións, Grao en Comunicación Interactiva, Licenviatura/Grao en Comunicación Audiovisual, Grao en Marketing e Investigación de Mercado, Diplomatura/Grao en Ciencias Empresarias, Licenciatura/Grao en Ciencias Económicas ou similar.
  • Experiencia profesional mínima de 12 meses no eido das unidades de competencia da cualificación profesional de referencia no ámbito do certificado de profesionalidade e nas seguintes ocupacións:
    - Técnico/a en publicidade e /ou relación públicas.
    - Técnico/a en medios/superiores en publicidade e ou relación publica
    - Organizador/a de eventos de marketing e comunicación.
    - Asistente da persoa xefa de produtos
    - Técnico/a de marketing

Información e solicitudes

As solicitudes poderán presentarse tras a sondaxe da oficina de emprego ou directamente a través do rexistro do concello, a través da sede electrónica da entidade: www.ribadeo.gal. Se a documentación se presentase a través do rexistro doutra administración, deberá comunicarse este extremo ao concello por fax (982 130 975), por correo electrónico (secretaria@ribadeo.org) ou por escrito para os efectos de poder coñecer esta presentación. 

As solicitudes presentadas no rexistro no Concello de Ribadeo poderán presentarse ata as 14.00 horas do 8 de outubro de 2021.

Para máis información consulta as bases da convocatoria aquí.