Axudas de inmersión en lingua inglesa para profesores/as e mestres/as

UVigo - Empleo 20/03/2019

A Universidad Internacional Menéndez Pelayo convoca en réxime de concorrencia competitiva ata 1005 axudas para seguir un curso de inmersión lingüística en inglés destinado a profesores/as e mestres/as que finalizasen o grao/diplomatura de mestre/a en calquera especialidade ou o Mestrado en Profesorado nos cursos académicos 17/18, 16/17 ou 15/16, cunha nota media de expediente académico de, polo menos, 8,00 puntos.

Duración

As persoas beneficiarias das axudas poderán participar nun curso de inglés especializado cunha duración de 5 días.

Inscricións

Ata o 3 de abril de 2019

Máis información no BOE 14 de marzo 2019