Bolsa de traballo de traballador/a social no Concello de Mugardos

UVigo - Empleo 11/05/2020

O Concello de Mugardos publica a convocatoria da elaboración dunha bolsa de traballo para as posibles contratacións laborais temporais do posto de traballo de traballador/a social, mediante o sistema de concurso.

O prazo de presentación de instancias permanecerá aberto do 12 ao 15 de maio de 2020, ambos os dous incluídos.

Neste procedemento non se suspenden os prazos de tramitación e de presentación de instancias, por ser indispensable para o bo funcionamento dos servizos sociais municipais, tratarse dun servizo básico e esencial no que dispor de persoal para a cobertura dos postos de traballador/a social con carácter inmediato.

Máis información aquí.