Bolsas de ampliación de estudos de posgrado no extranxeiro da Fundación Ramón Areces

UVigo - Empleo 31/01/2020

A Fundación Ramón Areces concederá, en réxime de concorrencia competitiva, 24 bolsas para a realización de estudos de posgrao en universidades e centros de investigación no estranxeiro durante o curso 2020/2021 en materias de economía e dereito da Unión Europea.

 
Requisitos

  • Posuír nacionalidade española.
  • Posuír un título de grao, licenciatura ou máster.
  • Poderá solicitar a bolsa o estudantado que estea a cursar o último curso das titulacións mencionadas nunha universidade española ou dun país do EEES.
  • Coñecemento excelente do idioma no que se desenvolvan os estudos ou a investigación.

Duración das bolsas

A duración da axuda será por un curso académico, susceptible de prórroga por un curso máis, suxeita á decisión do Patronato da fundación e previa solicitude da persoa interesada.

Dotación económica

  • 1800 euros mensuais netos
  • Gastos de inscrición e matrícula 
  • Gastos de viaxe anual de ida e volta
  • Seguro que inclúe incidencias do viaxe e gastos médicos durante a estancia.

Información e solicitudes

O período de inscrición permanecerá aberto do 10 de febreiro ao 16 de marzo de 2020.

Máis información aquí.